Renda Social Municipal

Unha ferramenta para medrar

CONCELLO DA CORUÑA

Que é?

A Renda Social Municipal é unha prestación económica do Concello da Coruña destinada a paliar situacións temporais de necesidade e garantir uns recursos mínimos de subsistencia aos veciños e ás veciñas da Coruña.

Para que é?

Esta axuda está dirixida  á cobertura de necesidades básicas como a alimentación diaria, o vestiario, o transporte, os coidados persoais e da vivenda, e os gastos que teñen que ver co aloxamento ou alugueiro.

Trátase dun apoio aos procesos de inclusión para lograr a mellora persoal e social das persoas que o precisen e da súa unidade de convivencia.

A unidade de convivencia é o conxunto de persoas que conviven nun mesmo domicilio e están vinculadas coa persoa beneficiaria por matrimonio o unha relación similar, adopción ou acollemento, ou por parentesco.

En que consiste a renda?

Consiste nun pago económico periódico cuxa contía máxima é do 100% do IPREM* para unidades de convivencia dun so membro, que ira aumentando ata o 200% segundo o número de membros adicionais.

A prestación percibirase por un prazo máximo de 6 meses, podendo prorrogarse ata 18 meses. 

*IPREM: Indicador Público de Renta de Efectos Múltiples publicado anualmente na Lei de Orzamentos.

Ten en conta que calquera outro ingreso ou prestación de importe inferior percibido por calquera das persoas que forman a unidade de convivencia, descontarase do importe da Renda Social Municipal correspondente.

Quen a pode solicitar?

Todas aquelas persoas en situación ou risco de exclusión social, con dificultades para cubrir as súas necesidades básicas e as das persoas membros da mesma unidade de convivencia.

Requisitos xerais:

MOI IMPORTANTE!

Tes que comprometerte a participar no ITINERARIO DE INCLUSIÓN ACTIVA deseñado polo/a traballador/a social municipal. Recorda que a Renda Social Municipal do Concello da Coruña é unha ferramenta para medrar.

Ter cumpridos os 18 anos e non ter a idade mínima para solicitar unha pensión non contributiva de xubilación.

Non existir familiares con posibilidade de prestar axuda.

Estar empadroado/a e residir no Concello da Coruña polo menos dende hai seis meses.

Non ter dereito a percibir a Renda de Inclusión Social (RISGA) nin outra prestación de carácter público e natureza similar.

Recorda que non cumprirás este requisito si renuncias á súa percepción ou perdes o dereito a ela por razóns imputables a ti.

Ademais, se tes dereito ao cobro de calquera crédito, axuda, subvención, pensión ou renda, tes que ter exercitadas as accións pertinentes para proceder ao seu cobro.

A unidade de convivencia debe ter unha capacidade económica igual ou menor de:

Non a poden solicitar…

Non poden solicitar a Renda Social Municipal as persoas en situacións contempladas na Ordenanza reguladora, en especial:

Persoas que perciban a Renda de Inclusión Social de Galicia (RISGA).

Persoas que perciban pensións non contributivas e calquera outra de contía igual ou superior a estas pensións.

Persoas e unidades de convivencia que perciban ingresos iguais ou superiores aos indicados anteriormente na táboa de contías dos requisitos.

Que é un itinerario de inclusión activa?

O itinerario de inclusión activa está conformado por accións laborais, formativas, sociais e relativas á vivenda encamiñadas á mellora da túa situación e a da túa familia.

Cada caso é único, polo que este itinerario sempre é personalizado e está realizado por un ou unha traballador/a social municipal tras analizar a situación da unidade de convivencia.

Onde podo informarme?

Para máis información chama ao 010, ou acode á unidade de atención social ou centro cívico máis próximo.

Tamén podes consultar aquí a Ordenanza reguladora e descargar o formulario de solicitude:

Ordenanza reguladoraFormulario de Solicitude